martes, 12 de febrero de 2013

HOTICULTURA ECOLÓXICA EN BALCÓNS, TERRAZAS E PEQUENOS HORTOS


CURSOS QUE ORGANIZAN OS NOSOS AMIGOS DE AGA



ACTIVIDADES DA ENTIDADE AGRARISTA CIRCULO GACELA
Horario de atención.-  De 10 a 14 horas – Tlfno.- 981 372 798 é 608 385 471

Curso de agricultura ecolóxica.- Organizado conxuntamente coa Coop. A Xoaniña e coa colaboración do concello de San Sadurniño (cesión do local). Moitísima demanda, aínda non comezamos o primeiro con 40 alumnos e xa temos xente para un segundo, para o que xa estamos fixando novas datas.
O curso realizarase en seis tardes (18 a 20 horas) e o seu custo é de 40 €. Monitores.-
  • Daniel Sanmartín.- Enxeñeiro agrónomo e productor ecolóxico.
  • Xan Pouliquén.- Enxeñeiro agrónomo e consultor. Autor do libro “Horta ecolóxica en Galicia. Guía práctica para o cultivo” (Ed. Bahía).
  • Edmundo Maseda.- Productor ecolóxico.
Quen esté interesado que contacte o antes posible.


Curso de elaboración de xabóns artesanais.- Este tema está tendo moito éxito, dous cursos en “AGA Ferrolterra”, e agora outros dous en Círculo Gacela. Aínda queda algunha praza para o sábado 23 de febreiro (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas). Prezo de participación: 35 €.

Curso de poda.-Como tódolos anos faremos algo especifico de poda, coa diferenza de que se a xente mostra interese  organizaremos un curso completo de fruticultura. Programa desta actividade de poda:
Venres, 15 de febreiro, ás 18 horas.- Teoria no local social de Circulo.
Sábado, 16 de febreiro, ás 10 horas.- Prácticas na finca de Manuel Villarnovo Calvo, situada en Lago.
Precio de participación.- Socios 8 €, non socios 12 €.

Ao longo do ano desenrolaremos unha serie de actividades formativas co obxetivo de fixar población no rural ofrecendo a obtención de novos recursos que axuden ás familias a levar mellor esta crise económica. Como exemplo desta liña de traballo, estamos con: Elaboración artesanal de leite e requeixo, elaboración de cremas naturais, cría de polos e galiñas poñedoras, etc.
Se sintonizas e vives o mundo rural tes que participar en Círculo Gacela ¡Asóciate!.


Curso on line de Antonio G. P. - Por si alguen lle interesa adxuntamos información recibida de Antonio Gómez Pajuelo sobor a 2ª edición de seu curso -on line- de Boas Prácticas en Sanidade Apícola". 

Para mais inormación ver anexos "promoCursoSanidad" e "cartel2013".



Sin outro particular.
Grupo de traballo AGA Ferrolterra