Asociate a nós se eres un amigo das arbores e queres votar unha ma, na sua conservación e difusión. Contacta con nós mediate correo electronico agfaeume@gmail.com ou chando ó 605614816 tamén non atoparas en Facebook
viernes, 28 de septiembre de 2018
domingo, 23 de septiembre de 2018
AGFA e Concello programan un novo curso de fruticultura para outubro
A Asociación Galega da Froita Autóctona (AGFA) organiza en colaboración co Concello un novo curso dirixido a aquelas persoas que queiran iniciarse ou mellorar os seus coñecementos sobre a produción das árbores froiteiras. O docente será o técnico na materia Alberto Varela, que abordará cuestións como a morfoloxía da árbore froiteira e as técnicas de plantación, pero tamén os traballos de mantemento, poda e enxertado. O curso tratará ademais sobre as enfermidades máis habituais e o seu tratamento e, por último, tamén se realizarán prácticas de transformación de froitas e hortalizas. Esta acción formativa ofrece un máximo de 25 prazas -gratuítas para a xente de San Sadurniño ou socias da AFGA- e para apuntarse hai que chamar antes do 4 de outubro aos teléfonos 981 490 027 ou 647 016 351.
O curso constará dun total de 24 horas de duración e, de cara a facilitar a asistencia, desenvolverase os sábados do mes de outubro entre as 9.30h e as 14.00h. A parte teórica impartirase na Casa da Xuventude tratando practicamente todo o que hai que saber para poñer a producir en condicións unha plantación de árbores froiteiras, principalmente de variedades de mazá, pera e dos froitos de óso que máis abundan na comarca.
A Asociación Galega da Froita Autóctona -con quen o Concello ten suscrito un convenio de colaboración- centra boa parte dos seus esforzos na recuperación e posta en valor das castes tradicionais coas miras postas en que xurdan iniciativas capaces de abastecer os mercados de proximidade e incluso tendas especializadas na comercialización de produtos da máxima calidade.
Ver o potencial produtivo de cada variedade é, xunto coa súa conservación, unha das funcións da Horta autóctona “Carlos Fornos”, situada na Cortiña. Neste campo será onde o alumnado do curso poderá seguir os contidos prácicos incluídos no plan formativo que se desenvolverá entre o 6 e o 27 de outubro. Ademais, unha das xornadas do curso quedará para a primavera de 2019, xa que estará centrada en técnicas propias desa época do ano.
Para que esta proposta saia adiante será necesario xuntar un mínimo de 15 persoas. Por razóns loxísticas e de aproveitamento fixouse en 25 o tope de participantes. As prazas cubriranse por orde de inscrición, aínda que terán prioridade aquelas persoas empadroadas en San Sadurniño ou que sexan socias da AGFA.
En ambos casos o curso é gratuíto. Para quen non cumpra ningunha destas dúas condicións, a matrícula terá un prezo de 25€, que se han de pagar o primeiro día.
Para apuntarse hai que chamar ao teléfono da AGFA -José A. Bellas, 647 016 351- ou ao do Concello -981 490 027- antes das 14.00h. do día 4 de outubro.
Concello San Sadurniño -AGFA e Concello programan un novo curso de fruticultura para outubro
lunes, 10 de septiembre de 2018
Festa Das Peras - La Voz De Galicia
A Festa das Peras reúne 72 lotes de fruta del país con nombres con historia
Peras de campana y urraca o melocotones borrachos, entre las cestas premiadas

B. Abelairas
Ferrol
Por la mañana un total de 13 productores de la comarca mostraron 72 cestas compuestas por manzanas, peras y melocotones, aunque no unos cualquiera. «Trátase de froita do país que non se trata con químicos», precisa José María Permuy, de la Asociación Galega de Froita Autóctona (AGFA) do Eume, aunque ayer renunció a formar parte del jurado del concurso. «É que eu son de aquí e quero que o certame sexa do máis xusto», precisó un experto que asegura que este no es un buen año de fruta por la falta de lluvias. «Moita non está madura -apunta-.
No concurso valórase o sabor, o aroma, que non leve pesticidas e que sexa variedades autóctonas». Y así fueron desfilando tipos de manzanas, como la tabardilla parda; peras de campana o urraca y hasta un melocotón que está en peligro de extinción y se le conoce como borracho, aunque el que llamó la atención en las cestas fue el colorido amarillo de otro.
Los premiados por la mejor selección de manzanas fueron Gonzalo Martínez Vilar (primer lugar), Carlos Castro y Felix Pena Rey.
Las mejores peras las llevaron Francisco José Porta, Mario Carpente y Miguel Leira Varela.
Mientras que entre los productores de melocotones destacaron Carmen Fieira, Mercedes Díaz y José María Varela.
El galardón al mejor lote fue para Carlos Castro y el premio Carlos Fornos (fruta en peligro de extinción) para Gonzalo Martínez.
A Festa das Peras reúne 72 lotes de fruta del país con nombres con historia
lunes, 3 de septiembre de 2018
III Encontro de Saberes e Sabores: Festa da Froita (Lousame)
Este pasado fin de semana acudimos os " III ENCONTROS DE SABERES E SABORES " no concello de Lousame , donde entre outras actividades participamos na cata de froitas autoctonas na cal conseguimos uns " Premios da Froita "

Enlaces relacionados :
Facebook Concello Lousame - Fotografias Festa Da Froita
Concello de Lousame - Festa da Froita
Lindeiros - Exito de publico na festa da froita
Canal Rias Baixas - Festa da Froita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)