O luns 30 de xuño teremos unha reunión con
produtores ecolóxicos de Ferrolterra, co obxectivo de establecer un
sistema que permita satisfacer a demanda de asesoramento e formación existentes.
Ademáis, imos plantexar a posibilidade de establecer unha planificación de cultivos que permita unha optimización e mellora na comercialización dos produtos ecolóxicos locais.
A reunión é aberta a calquera produtor/a interesad@ en producir de
xeito ecolóxico. Únicamente é necesario cumplimentar o cuestionario
publicado en:
http://www.cooperativaxoaninha.org/asesoramento-produtores/
Lugar e hora: Salón de Plenos do Concello de San Sadurniño, ás 19:00h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario