A primeira hora da tarde deste xoves suscribíronse na casa
consistorial os acordos de colaboración entre o Concello de San
Sadurniño e as tres asociacións que traballan no ámbito da apicultura, a
fructicultura e da dinamización do sector primario. Deste xeito
reedítanse uns convenios que se veñen mantendo nos últimos anos tanto no
seu cometido como nas contías asignadas, que ascenden no seu conxunto a
6.200 €. A novidade para 2018 atinxe ao acordo apícola, xa que desde
agora será a Casa do Mel de Goente quen xestione o colmear didáctico da
Cortiña, substituíndo nese cometido a AGA-Ferrolterra. A entidade
percibirá 1.500€, mentres que a Asociación Agroecolóxica A Cortiña
contará cunha axuda fixa de 1.200 para o desenvolvemento de accións
formativas e de asesoramento. O convenio de maior importe -3.500€-
recaeu na Asociación Galega da Froita autóctona, encargada da horta de
conservación de froiteiras Carlos Fornos.
O luns, charla sobre as axudas da PAC
En relación co sector primario, desde a área de Desenvolvemento local infórmase da charla sobre a solicitude de Axudas da PAC 2018 que terá lugar na Casa da Cultura este luns 19 de marzo a partir das 11.30h.
Asistirá o xefe do servizo territorial do FOGGA para explicar as novidades destas axudas que poden tramitarse até o 30 de abril, entre elas o novo modelo de Solicitude Unificada para varias achegas directas baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude. No encontro co representante de Medio Rural tamén se falará sobre o novo decreto de puríns.
http://sansadurnino.gal/o-concello-asina-convenios-por-valor-de-6-200e-coas-entidades-relacionadas-co-sector-primario/
Tal e como establece o convenio asinado hoxe, AGFA
deberá continuar enriquecendo a plantación situada na Cortiña con novas
variedades ou repoñendo os pés que fallen. Ademais tamén se recolle a
colaboración da asociación na organización do concurso de froita
autóctona da Feira Rural, a encomenda de planificar as visitas ao
recinto -se é posible coordinándoas coa Casa do Mel- e a realización
dunhas xornadas sobre alimentación saudable dirixidas ao alumnado do
CPI. Por último, a entidade terá que asumir o mantemento íntegro da
horta e organizar alomenos un curso relacionado coa fructicultura que ha
de ser gratuíto para a veciñanza de San Sadurniño.
O convenio coa Casa do Mel de Goente tamén delega nesta
asociación o mantemento completo do apiario didáctico situado ao pé da
plantación de froiteiras. Deberán repoñer elementos deteriorados,
ofrecerlles ás abellas os coidados que requiran e mesmo contratar un
seguro de responsabilidade civil polos danos que puidesen causar. O
acordo inclúe unha parte didáctica, vinculada á realización de dúas
visitas guiadas por dirixidas ao alumnado do CPI -parte do mel recollido
destinarase precisamente ás visitas escolares- e á celebración dunha
exposición apícola na Feira Rural. A asociación tamén deberá desenvolver
un curso apícola dun mínimo de 20 horas de duración e, igual que no
caso da AGFA, de balde para xente empadroada no concello.
Por outra banda, segundo se reflicte no convenio, a Casa
do Mel asumirá a retirada de niños de avespa velutina “naqueles lugares
que se determinen entre as partes, e que sexan considerados un perigo
para as persoas por mor da proximidade a vivendas ou espazos públicos”.
O obxecto do último dos acordos rubricados este mediodía
-o correspondente á Asociación Agroecolóxica A Cortiña- é crear un
marco estable de colaboración entre o Concello de San Sadurniño e esta
entidade “co fin de afianzar a dinamización socioeconómica do medio
rural dende unha perspectiva ecolóxica e de sustentabilidade social,
económica e ambiental”, tal e como aparece recollido na cláusula
primeira do documento.
Entre as actuacións conveniadas por valor de 1.200€
están a organización de charlas técnicas, cursos e conferencias; a
edición de material gráfico para a difusión da agroecoloxía e a
cooperación con entidades públicas e privadas neste ámbito, xa sexa para
facer intercambio de experiencias ou para realizar visitas de interese a
lugares de referenza na produción agrogandeira ou na transformación de
alimentos.
Ademais de Manolo Varela tamén estamparon a firma en
cadanseu convenio José Antonio Bellas por parte da AGFA, Manuel Ferreira
en representación da Casa do Mel de Goente e Xosé María García como
presidente da Asociación Agroecolóxica A Cortiña. Os tres convenios
asinados inclúen entre as súas cláusulas que o 75% da cantidade
asignada se librará xusto despois da entrada en vigor do acordo e o
outro 25% cara a finais de ano, cando se presenten as facturas
xustificativas dos gastos.
O luns, charla sobre as axudas da PAC
En relación co sector primario, desde a área de Desenvolvemento local infórmase da charla sobre a solicitude de Axudas da PAC 2018 que terá lugar na Casa da Cultura este luns 19 de marzo a partir das 11.30h.
Asistirá o xefe do servizo territorial do FOGGA para explicar as novidades destas axudas que poden tramitarse até o 30 de abril, entre elas o novo modelo de Solicitude Unificada para varias achegas directas baseadas na superficie agrícola da explotación e nos censos de gando (pagamentos directos) así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control unificando tamén o período de solicitude. No encontro co representante de Medio Rural tamén se falará sobre o novo decreto de puríns.
http://sansadurnino.gal/o-concello-asina-convenios-por-valor-de-6-200e-coas-entidades-relacionadas-co-sector-primario/
No hay comentarios:
Publicar un comentario