Asociate a nós se eres un amigo das arbores e queres votar unha ma, na sua conservación e difusión. Contacta con nós mediate correo electronico agfaeume@gmail.com ou chando ó 605614816 tamén non atoparas en Facebook
jueves, 9 de octubre de 2014
lunes, 1 de septiembre de 2014
VI Feira Rural, homenaxe a Carlos Fornos
Na VI Feira Rural, no homenaxe a
Carlos Fornos despois de escoitar palabras da sua filla con
mais forza
de seguir adiante.
jueves, 14 de agosto de 2014
viernes, 25 de julio de 2014
Visita a Horta dos rapaces da aldea de veán de San Sadurniño
Todos moi atentos o que dí o profe Ramiro.
Xa tiñan famiña de pasear pola horta. Esperamos que volvan pronto, ata a próxima amigooooossábado, 14 de junio de 2014
Reunión Produtores/as Ecolóxic@s de Ferrolterra
Ademáis, imos plantexar a posibilidade de establecer unha planificación de cultivos que permita unha optimización e mellora na comercialización dos produtos ecolóxicos locais.
A reunión é aberta a calquera produtor/a interesad@ en producir de xeito ecolóxico. Únicamente é necesario cumplimentar o cuestionario publicado en: http://www.cooperativaxoaninha.org/asesoramento-produtores/
Lugar e hora: Salón de Plenos do Concello de San Sadurniño, ás 19:00h.
viernes, 14 de marzo de 2014
Comeza o curso de fructicultura organizado en colaboración coa AGFA do Eume
Comeza o curso de fructicultura organizado en colaboración coa AGFA do Eume
13/03/2014
O profesor Xosé Antonio Meixide abriu este xoves o curso de fructicultura organizado polo Concello no que hai inscritas 30 persoas. Meixide, que é docente no Centro de formación agroforestal de Guísamo, aproveitou esta primeira sesión para introducir a audiencia nunha actividade que, segundo asegurou, está medrando desde hai algúns anos. A clase teórica inicial impartiuse no salón de plenos do Concello. Porén, a semana que vén os participantes xa asistirán á súa primeira práctica na horta de froiteiras autóctonas da Cortiña.
O obxectivo principal do curso é que o alumnado adquira uns coñecementos básicos sobre a fructicultura como alternativa laboral e económica, a través da práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e o mantemento dunha leira produtiva e adaptada á zona atlántica galega.
Esta acción formativa estrutúrase en tres módulos. No primeiro abordarase a morfoloxía das distintas froiteiras, as ferramentas e as técnicas de poda segundo sexan árbores de óso ou pebida, castiñeiros para produción de castaña, kiwi ou árbores de pequenos froitos. Xa no segundo módulo trataranse os sistemas de propagación e formación máis usuais así como os xeitos de plantación, mantemento e protección das árbores. O terceiro e último módulo ocuparase dos contidos relacionados coas alternativas fructícolas que máis se axeitan ao chan e o clima do país. Pero tamén se falará dos sistemas de recollida, conservación e comercialización e, non menos importante, sobre como por en valor a froita a través da elaboración de zumes ou marmeladas.
Para as clases disporán tanto da finca da Cortiña como de materiais específicos como substratos, macetas, invernadoiros, un obradoiro de enxerto, plantóns, patróns e ferramenta de entitorado. Ademais, tamén hai programadas dúas visitas, unha ao viveiro O Pomariño da Capela e outra ás instalacións do C.F.E.A. de Guísamo, onde lle mostrarán aos asistentes os xeitos máis convenientes de almacenaxe e conservación da froita, ademais de varias posibilidades de transformación.
O curso impartirano Meixide e outros cinco técnicos especializados na materia. Farase de forma discontinua ao longo de varios meses -60 horas en total- para así poder realizar os labores necesarios de todo o ciclo anual de xestión dunha explotación fructícola. Na organización colabora a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume.
A convocatoria resultou "un éxito", segundo asegurou Manolo Varela. O concelleiro responsable do proxecto sinalou que houbera que ampliar o número de prazas para darlle cabida a todas as solicitudes, que chegaron ás 30. Por outra banda, Varela resaltou que a importancia do curso reside "na calidade do profesorado e dos contidos, pero tamén no feito de que se contribúe a recuperar unha práctica case abandonada e cunhas grandes posibilidades ambientais e económicas".
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)






