sábado, 14 de junio de 2014

Reunión Produtores/as Ecolóxic@s de Ferrolterra

Xoaninha-3868O luns 30 de xuño teremos unha reunión con produtores ecolóxicos de Ferrolterra, co obxectivo de establecer un sistema que permita satisfacer a demanda de asesoramento e formación existentes.
Ademáis, imos plantexar a posibilidade de establecer unha planificación de cultivos que permita unha optimización e mellora na comercialización dos produtos ecolóxicos locais.

A reunión é aberta a calquera produtor/a interesad@ en producir de xeito ecolóxico. Únicamente é necesario cumplimentar o cuestionario publicado en: http://www.cooperativaxoaninha.org/asesoramento-produtores/
Lugar e hora: Salón de Plenos do Concello de San Sadurniño, ás 19:00h.

viernes, 14 de marzo de 2014

Comeza o curso de fructicultura organizado en colaboración coa AGFA do Eume

Comeza o curso de fructicultura organizado en colaboración coa AGFA do Eume
13/03/2014
Imaxen Descriptiva da Nova

O profesor Xosé Antonio Meixide abriu este xoves o curso de fructicultura organizado polo Concello no que hai inscritas 30 persoas. Meixide, que é docente no Centro de formación agroforestal de Guísamo, aproveitou esta primeira sesión para introducir a audiencia nunha actividade que, segundo asegurou, está medrando desde hai algúns anos. A clase teórica inicial impartiuse no salón de plenos do Concello. Porén, a semana que vén os participantes xa asistirán á súa primeira práctica na horta de froiteiras autóctonas da Cortiña.

O obxectivo principal do curso é que o alumnado adquira uns coñecementos básicos sobre a fructicultura como alternativa laboral e económica, a través da práctica de todas as operacións necesarias para a implantación e o mantemento dunha leira produtiva e adaptada á zona atlántica galega.

Esta acción formativa estrutúrase en tres módulos. No primeiro abordarase a morfoloxía das distintas froiteiras, as ferramentas e as técnicas de poda segundo sexan árbores de óso ou pebida, castiñeiros para produción de castaña, kiwi ou árbores de pequenos froitos. Xa no segundo módulo trataranse os sistemas de propagación e formación máis usuais así como os xeitos de plantación, mantemento e protección das árbores. O terceiro e último módulo ocuparase dos contidos relacionados coas alternativas fructícolas que máis se axeitan ao chan e o clima do país. Pero tamén se falará dos sistemas de recollida, conservación e comercialización e, non menos importante, sobre como por en valor a froita a través da elaboración de zumes ou marmeladas.

Para as clases disporán tanto da finca da Cortiña como de materiais específicos como substratos, macetas, invernadoiros, un obradoiro de enxerto, plantóns, patróns e ferramenta de entitorado. Ademais, tamén hai programadas dúas visitas, unha ao viveiro O Pomariño da Capela e outra ás instalacións do C.F.E.A. de Guísamo, onde lle mostrarán aos asistentes os xeitos máis convenientes de almacenaxe e conservación da froita, ademais de varias posibilidades de transformación.

O curso impartirano Meixide e outros cinco técnicos especializados na materia. Farase de forma discontinua ao longo de varios meses -60 horas en total- para así poder realizar os labores necesarios de todo o ciclo anual de xestión dunha explotación fructícola. Na organización colabora a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume.

A convocatoria resultou "un éxito", segundo asegurou Manolo Varela. O concelleiro responsable do proxecto sinalou que houbera que ampliar o número de prazas para darlle cabida a todas as solicitudes, que chegaron ás 30. Por outra banda, Varela resaltou que a importancia do curso reside "na calidade do profesorado e dos contidos, pero tamén no feito de que se contribúe a recuperar unha práctica case abandonada e cunhas grandes posibilidades ambientais e económicas".

martes, 11 de febrero de 2014

Programa das xornadas de inverno: Poda e enxerto

Programa das xornadas de inverno: Poda e enxerto


FRUTICULTURA NA MARIÑA.

Recuperando as variedades locais de froiteiras





Días 22 de febreiro e 1, 8 e 15 de marzo. Lourenzá.



 
22 de febreiro:

 11.00 horas: Presentación das xornadas: Por qué recuperar as variedades froiteiras tradicionais?. Cómo facemos?


16.00 horas: Trasplante de froiteiras enxertadas en xornadas anteriores.




1  de marzo.

11.00 horas: A poda de formación. Teoría.


16.00 horas: Práctica de poda de formación














8 de marzo

11.00 horas: Enxerto de cuña en cerdeiras e ameixeiras.

15 de marzo

11.00 horas: Enxerto de cuña en mesa. Mazaeiros e pereiras









O programa pode sufrir cambios derivados de cuestións organizativas.

As partes teóricas van ter lugar no local do SLG de Lourenzá (Rúa Fernández del Riego, nº 5, 1ºC) e as prácticas na finca habitual. 

A acción formativa vai dirixida a persoas que se atopen nalgunha das seguintes situacións:
  • Persoas ocupadas no mundo rural, calquera que sexa o seu réxime de cotización (RETA, SETA, R.XERAL, REASS) incluíndo a todos/as os/as ocupados/as do sector agrario, agroindustrial, Industria/Artesanía e servizos.
  • Familiares (aínda non estando afiliados á seguridade social) de titulares dunha explotación agraria afiliado/a como agricultor/a por conta propia
  • Persoas desempregadas do medio rural.


Non poderían participar como alumnos/as:
  • Menores de 16 e maiores de 65
  • Alumando do sistema educativo xeral, formación ocupacional, programas ocupacionais ou escolas-obradoiros.
  • Traballadores/as das administracións públicas.
  • Pensionistas.
As persoas que non poidan participar como alumnos/as, de estar interesadas, poderán asistir en condición de “ointes”.

As persoas participantes deberán aportar fotocopia do DI, da tarxeta sanitaria e do cupón da Seguridade Social (ou a cabeceira da nómina) do último mes.

Apúntate:
  • Nos teléfonos 982121376 (SLG Lourenzá), 982130615 (SLG Ribadeo) ou 630970132 (Toño)
  • Neste correio
  • Nos locais do SLG da comarca da Mariña

A Xunta Xeral de Socios

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
ASOCIACIÓN GALEGA DA “FROITA AUTÓCTONA DO EUME

Comunicación ós socios
A Xunta Extraordinaria de Socios celebrarase o día 14/02/14, ás 18:30 en 1ª convocatoria e ás 19:00 en 2ª no local da AGFA en Campolongo, o lado da Asociación de veciños “Breamo”

ORDE DO DÍA

Obxecto da reunión.

-  Ante a solicitude de baixa presentada polo presidente, por motivos persoais, e necesario a presentación de propostas para cubrilo posto ata a cebracion de eleccións.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
ASOCIACIÓN GALEGA DA “FROITA AUTÓCTONA DO EUME
Comunicación ós socios
A Xunta Xeral de Socios celebrarase o día 14/02/14, ás 19:30 en 1ª convocatoria e ás 20:00 en 2ª no local da AGFA en Campolongo, o lado da Asociación de veciños “Breamo”
ORDE DO DÍA
Obxecto da reunión.
1. Actividades e xestión realizadas no exercicio anterior.
2. Planificación de actividades para o 2014
3. Aprobación contas do ano 2012/13 e previsións do 2014
4. Aprobacion da cota de socio.
5. Rogos e preguntas

Un saudo
A Directiva